A Revista       Buscar en Rexurga       Bases de Datos Gratuítas       Novas       Participación       O Dato Útil       Ligazóns   
  Mércores, 9 de outubro de 2024
Participación > Xanela Aberta
Xanela Aberta


Invitación Imprimir nova
Luns, 1 de xaneiro de 2007
Resulta pouco dubidoso que se fan máis cousas, e mesmo mellores, cando se fan entre moitos. Pero máis seguro é, aínda, que as mellores ideas, as que cómpren para facer esas cousas, son as que resultan de reflexións plurais. No sentido de moitas, pero tamén de diferentes.

Un medio como o que permite chegar a este sitio multiplica, ata case o infinito, as posibilidades desa colectivización do pensamento.

O invento está a chamarse “blog”. A nos gústanos máis este tradicional de xanela aberta. Aberta porque non admite atrancos no acceso. E porque calquera pode axexar e, entrar e, desde dentro, facerse escoitar. Aberta tamén porque así pódese gozar de aire fresquiño. Pero aberta, asemade, porque por ela queremos que poida saír cara a todos o que estamos a pensar dentro da casa.

O que desexamos é que todos poidan “deixar” aquí, para ser compartidas, as súas reflexións, ou as novas que coñezan, ou mesmo as súas demandas e protestas. Todo iso a respecto do mundo do Dereito, en xeral, ou da Xustiza, máis en concreto. Do exercicio das nosas profesións de xuristas. Tamén das experiencias como usuarios do “sistema”. Do funcionamento das institucións. A respecto, á fin, do que a cada un se lle ocorra, e se lle pete.

A única condición é a indicación da identidade do autor ou da autora.

As “postas” poden ter a extensión que o comunicante desexe. Pero sería de agradecer que se asemellase ás medidas que esta presentación ten.

Poden remitirse a rexurga@rexurga.es

Co noso compromiso de participar na posta en común, queremos, xa por adiantado, deixar constancia do agradecemento ós que nos fagan a honra de aceptar esta invitación.

Autor: Luciano Varela Castro. (Coordinador da REXURGA)
rexurga.es (Revista Xurídica Galega)
e-mail: rexurga@rexurga.es
 
Páxina optimizada para 800x600, © rexurga.es
 Presentación   |   Subscribirse 
 Xurisprudencia   |   Colaboracións   |   As Nosas Leis 
 Lexislativa   |   Xurisprudencia   |   Ditames 
 Novas de Rexurga   |   Quiosco de Prensa   |   Novas da Xunta de Galicia 
 Documentos de Interese   |   Xanela Aberta   |   Foro 
 Calendario Festivo   |   Tipo de Xuro Xeral   |   Salario Mínimo Interprofesional   |   Indemnizacións Laborais   |   Directorio de Xulgados 
 Normas Urbanísticas en Galicia   |   Mapas de Galicia   |   Meteoroloxía   |   Cámaras Web 
 Administracións Xudiciais e Fiscais   |   Editoriais Xurídicas   |   Tribunais   |   Universidades