A Revista       Buscar en Rexurga       Bases de Datos Gratuítas       Novas       Participación       O Dato Útil       Ligazóns   
  Xoves, 21 de novembro de 2024
Participación > Xanela Aberta
Xanela Aberta


Relación laboral especial dos avogados. ¿Quen pagará os custos? Imprimir nova
Mércores, 1 de febreiro de 2006
Hoxe clarea un novo día para unha profesión que se resiste a mudar. O día 01/02/06 xorde a obriga de dar de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social a todos os profesionais que prestan servicios retribuidos por conta allea dentro do ámbito dunha organización e dirección do titular dun despacho de avogados.

O bo de facer unha norma dirixida a aqueles que as temos por ferramentas cotiás é que non precisa moita explicación. Que cada quen analice a súa casa e cualifique en que cuadrícula se ten que colocar. Aqueles que querían seguridade, xa a teñen, os que prefiran seguir nas sombras, que apaguen a luz.

O problema é o de sempre, a nefasta técnica lexislativa recoñecida polo propio Ministerio de Xustiza, por boca do Avogado Xeral do Estado, Joaquín Fuentes, durante as Xornadas de Xestión Empresarial de Despachos, o V encontro por certo.

Por unha disposición adicional dunha lei de fiscalidade de produtos enerxéticos (¿?), sabemos que existe unha relación laboral de carácter especial, pero aínda no temos máis que o compromiso de regulación. O borrador que dende hai meses circula de despacho en despacho resultou apócrifo. Nembargantes usámolo para abrir a discusión: indemnización por despido, readmisión, xornadas laborais…

¿Que consecuencias vai ter todo isto? Hai quen di que moitos despachos prescindirán dos seus eternos – e sempre novos- pasantes. Se xulgo polo que vivín en Madrid: moito medo e moitas inquedanzas. Se xulgo polo que vivo no café de media mañá: moita indiferencia e moita ignorancia. En Galicia, coma sempre, todo chegará máis tarde. ¿Os inspectores tamén?, ¿e os conflictos nas salas do social?.

Creo que é unha boa nova, xa está ben de vivir o marxe, agochados nuns esquemas decimonónicos. A especialidade está xustificada, traballamos nun despacho e traballamos para os clientes. As xornadas durarán o que teñan que durar, até o “visto para sentenza”. So hai que conxurar un risco: o de sentirnos un empregado máis.

O vindeiro mes o goberno estará feliz, miles de avogados engrosaremos a fabulosa estatística do Ministerio de Traballo, ¡a recadar¡. Hai quen pregunta ¿quen vai a pagar todo isto?

Autor: Marta Costas. Santos, Pousa, Rodriguez, Avogados
rexurga.es (Revista Xurídica Galega)
e-mail: rexurga@rexurga.es
 
Páxina optimizada para 800x600, © rexurga.es
 Presentación   |   Subscribirse 
 Xurisprudencia   |   Colaboracións   |   As Nosas Leis 
 Lexislativa   |   Xurisprudencia   |   Ditames 
 Novas de Rexurga   |   Quiosco de Prensa   |   Novas da Xunta de Galicia 
 Documentos de Interese   |   Xanela Aberta   |   Foro 
 Calendario Festivo   |   Tipo de Xuro Xeral   |   Salario Mínimo Interprofesional   |   Indemnizacións Laborais   |   Directorio de Xulgados 
 Normas Urbanísticas en Galicia   |   Mapas de Galicia   |   Meteoroloxía   |   Cámaras Web 
 Administracións Xudiciais e Fiscais   |   Editoriais Xurídicas   |   Tribunais   |   Universidades